Evento: Proxección dos filmes galardoados nos Premios Gaudí
Proxección dos filmes galardoados nos Premios Gaudí
O Salón Teatro acolle as proxeccións das películas gañadoras na pasada edición dos Premios Gaudí, entre as que se atopan Un monstruo viene a verme, de J. A. Bayona, que acadou oito galardóns, e La propera pell (A próxima pel), que conseguiu o de mellor película, mellor guión e mellor protagonista feminina para Emma Suárez.
Martes 24
18:00 h | Ebre, del bressol a la batalla / Ebro, do berce á batalla, de Roman Parrado (Mellor longametraxe para televisión).
A través dunha historia ambientada na batalla do Ebro, o filme narra as causas e as consecuencias dun dos feitos históricos máis importantes da nosa Historia recente. Unha película necesaria para a memoria do país.
20:00 h | La propera pell / La próxima piel, de Isaki Lacuesta e Isa Campo (Mellor longametraxe en lingua catalana, mellor guión e mellor protagonista feminina, para Emma Suárez).
Un adolescente desaparecido volve despois de oito anos, cando todos o daban por morto, e incorpórase á vida familiar marcada polo misterio da súa desaparición. Aos poucos, xurdirá a dúbida de se realmente se trata do neno desaparecido ou dun impostor.
Mércores 25
18:00 h | Alcaldessa / Alcaldesa, de Pau Faus (Mellor longametraxe documental).
Desde os inicios da candidatura de Barcelona en Comu ata o día en que Ada Colau é investida alcaldesa, esta é crónica íntima -inclúe un vídeo-diario persoal da propia Colau- dun episodio que reúne dous argumentos universais: a consecución dunha vitoria histórica, paradigma dos cambios políticos do sur de Europa, e o combate interior dalguén que teme converterse naquilo que tantas veces cuestionara.
20:00 h | Un monstruo viene a verme, de Juan Antonio Bayona (Mellor longametraxe en lingua non catalana, mellor dirección, mellor dirección de produción, mellor dirección artística, mellor montaxe, mellor fotografía, mellor son e mellores efectos visuais).
Conor só ten doce anos, pero sabe perfectamente que á medianoite terá, outra vez, o "pesadelo cheo de escuridade, de vento e de berros" que o atenaza desde que a súa nai caeu enferma. Esta noite, porén, será diferente.
Entrada gratuita ata completar a capacidade da sala. As proxeccións son en VOS en catalán con subtítulos en castelán