Evento: Presentación libro 'O cineísta andarengo'
Presentación libro 'O cineísta andarengo'
Sempre abordamos a historia do cinema dende a perspectiva dos cineastas profesionais, pero poucas veces consideramos de interese o punto de vista do amateur, aquel que, como denota a súa raíz latina amare, implica facer algo por pracer, por puro amor. Bernardino de Lamas, en realidade un pseudónimo do xornalista Alfonso Piñón, é un dos pioneiros cineístas amateur de Galicia. Nos libros de historia do cinema galego apenas representaba algo máis dunha nota a pé de páxina. Falábase esquematicamente dun cineísta descoñecido de Ferrol. Explorando descubrimos que, ademais de cineísta, Alfonso Piñón/Bernardino de Lamas foi un xornalista andarengo comprometido coa natureza, un descubridor de sendeiros ocultos, un filósofo das corredoiras e congostras esquecidas, un singular homo viator. Case un precursor do ecoloxismo contemporáneo adiantado ao seu tempo.
Proxección posterior de filmacións de Bernardino de Lamas.
Máis eventos do ciclo Fóra de serie

