Evento: Outono Códax
Outono Códax
O Outono Códax Festival regresa coa súa VII edición, unha edición que contará con 5 citas (días 26 de outubro e 3, 4, 17 e 18 de novembro) cheas de soul, rock'n roll, blues, rhythm&blues, swing e boogie. A Sala Capitol de Santiago será a sede principal do ciclo que incluirá tres concertos no formato habitual e, tras a boa acollida que os organizadores viron na pasada edición, 2 actuacións máis en pequeno formato, similares ás que se adoitaban facer nos vellos locais do xénero.
Actuarán Hillbilly Moon Explosion, Daddy Long Legs ou Sugar Daddy&The Cereal Killers, entre outros.
Calendario de concertos:
Xoves, 26 de outubro: PP Arnold + Cachas & Cousins (Sala Capitol)
Venres, 27 de outubro: Lar & Freire: “Folkloor”. (Sala Riquela)
Venres, 3 de novembro: Röver & Avendaño & Zamorani: “No teman a los cantautores”. (Sala Riquela)
Sábado, 4 de novembro: Hillbilly Monn Explosion + Daddy Long Legs + Mad Martín Trío. (Sala Capitol)
Venres, 17 de novembro: Johnny B. Bad. (Sala Riquela)
Sábado, 18 de novembro: The Suffers + Sugar Daddy & The Cereal Killers. (Sala Capitol)