Evento: O estado cru
O estado cru
Un monte de rosas vermellas, un esqueleto ou unha cornamenta de cervo son algúns dos elementos que acompañan o bailarín coruñés Javier Martín en O estado cru, coreografía que se presentou en distintos escenarios da península e foi destacada o ano pasado no catálogo Dance from Spain, editado pola Federación Estatal de Compañías y Empresas de Danza. Este solo de danza, que celebra xa o seu sétimo aniversario,baséase no traballo de improvisación a nivel de movemento e de luz para lle dar forma a unha traxedia no sentido clásico, na que –segundo o seu creador e intérprete– se bailan esas situacións nas que se mira o inimigo coa animosidade de quen ve no outro os defectos propios.
A representación será a culminación dunha semana na que o coreógrafo está a participar no programa En Residencia do Centro Dramático Galego.