Evento: Festa do Magosto

Festa do Magosto
domingo, 11 novembro, 2018 - 00:00
varios espazos,
Ourense

Festa do Magosto

Esta festa celébrase por todos os recunchos da cidade

Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto, di o refrán. E en Ourense ségueno estritamente.

Na súa orixe, o magosto era unha festa en torno ao lume e ás castañas asadas coa que os galegos honraban as colleitas. O lume da lareira nas frías noites de primeiros de novembro convidaba a compartir contos e lendas antigas. A noite era tamén o escenario dos magostos das cuadrillas, que facían lume ao aire libre e entre castañas, chourizos asados, viño tinto novo, cancións e contos continuaban unha tradición cuxos elementos, incluída a queimada final, son símbolos de vida e purificadores.

O carácter diferencial e o arraigo do magosto de Ourense, que ten lugar co gallo da festividade de San Martiño de Tours (padroeiro da cidade), converteuno en 2008 en festa de Interese Turístico de Galicia. O crepitar das castañas soa en toda a cidade, xa que a festa, popular e espontánea, se celebra en distintos barrios, no parque da Alameda e nos montes que a circundan.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Romaxe das Cruces
8 de xuño
Ribadeo
Arde Lucus
12 de xuño a 15 de xuño
Varios espazos
Festa da Rosa
13 de xuño
varios espazos