Evento: Descubriendo a Iron Maiden

  • Descubriendo a Iron Maiden
Descubriendo a Iron Maiden
domingo, 29 outubro, 2017 - 12:00
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo,
Vigo

Descubriendo a Iron Maiden

Ciclo Rock en familia

Regresa de novo á cidade de Vigo o ciclo Rock en Familia. Despois de lembrar este mesmo ano na primavera a grupos como Queen, AC/DC ou The Beatles, neste momento chegan a Vigo os tributos doutras bandas como son The Rolling Stones, Iron Maiden ou U2.

Os diferentes eventos que se realizan durante o ano están enfocados a todas esas persoas que teñen interese por lembrar os mellores clásicos das diferentes épocas do rock.

Ademais as actuacións están pensadas para todos os públicos, por iso o ideal é acudir con toda a familia e acompañados dos máis pequenos para que aprendan sobre esta cultura musical e vivan a experiencia da historia e dos inicios do Rock & Roll.

O 29 de outubro chega a Vigo a oportunidade de gozar en directo das mellores cancións de Iron Maiden. As interpretacións musicais as realiza o tributo 666 en directo.

Máis eventos de tipo Concerto

Maxicamente
2 de xullo
Praza do Cantón
Maxicamente
3 de xullo
Praza do Concello
Catas sonoras
3 de xullo
Museo do Viño de Galicia