Evento: Roteiro do Centenario Da terra asoballada
Roteiro do Centenario Da terra asoballada
O roteiro centrarase na edición de ‘Da Terra Asoballada' de 1917, de Ramón Cabanillas, incluíndo a lectura dos poemas de dita edición. Abarcará os lugares máis significativos da vila de Cambados como son Fefiñáns, A Calzada, O Convento, A Pastora, Santomé, e a Rúa do Hospital, vencellados ao nacemento, infancia, vida e morte do poeta, así como aos seus coetáneos, Asorei, Valle-Inclán e Plácido Castro. Tamén presentará as pegadas de Cabanillas nos creadores actuais do Salnés e en lugares de actividade cultural como o Pazo Torrado e a Biblioteca Luís Rei.
Os asistentes estarán acompañados por Ramón Caride Ogando. As inscripcións ao evento deberán facerse na Biblioteca Municipal Luis Rei.
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro