Evento: Viñetas desde o Atlántico 2017

  • Viñetas desde o Atlántico
Viñetas desde o Atlántico 2017
luns, 7 agosto, 2017 a domingo, 13 agosto, 2017
Xardíns de Méndez Núñez,
A Coruña

Viñetas desde o Atlántico 2017

Viñetas desde o Atlántico 2017

Por vixésimo ano consecutivo, A Coruña volverá converterse na capital do cómic da man do festival Viñetas desde o Atlántico, que se celebrará entre os días 7 e 13 de agosto de 2017 e contará coa presencia de Bruno Chevrier – Nob, Cameron Stewart, Eduardo Risso, Julie Rocheleau, Kiko Da Silva, Natacha Bustos, Pablo Auladell, Ralph Meyer, Rayco Pulido, Javi Rey, Dave Mckean, e Enrique Sánchez Abulí. 

Ademáis, a banda deseñada galega terá gran protagonismo neste vinte aniversario, cunha mostra retrospectiva-comparativa de catorce creadores e creadoras que formaron parte do plantel do Salón Internacional ao longo destas dúas décadas. A mostra xunta, sen dúbida, un bo feixe de nomes imprescindibles do cómic galego: Fran Jaraba, Fernando Iglesias, Xaquín Marín, DasPastoras, Fran Bueno, Alex Cal, Emma Ríos, Víctor Rivas, David Rubín, José Domingo, Fausto Isorna, Jano, Martín Romero e Ramón Marcos. A exposición colgará nas paredes de Afundación, que xunto á veciña Fundación Barrié, súmanse esta edición por primeira vez aos espazos expositivos do Salón Internacional do Cómic.

Outra novidade é que por primeira vez en vinte edicións, o Salón do Cómic inclúe un espectáculo audiovisual,  o “Black Dog, the dreams of Paul Nash” de Dave McKean.

Máis información aquí.

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos