Evento: XXXIX Mostra folklórica internacional

  • XXXIX Mostra folklórica internacional
XXXIX Mostra folklórica internacional
xoves, 3 agosto, 2017 a domingo, 6 agosto, 2017
Praza Maior,
Viveiro

XXXIX Mostra folklórica internacional

XXXIX Mostra folklórica internacional

Esta cita terá lugar os días 3, 4, 5 e o 6 de agosto e levará a Viveiro a sete grupos folclóricos de distintos países, no que é xa un dos máis importantes escaparates de cultura, da danza, do arte e da tradición en Galicia.

O programa  contempla un amplo número de actividades que se desenvolverán durante catro días. O domingo será a quenda do peche estelar que sempre se corresponde coa Gran Gala Internacional da Mostra, todo un espectáculo que achega a Viveiro as diferentes culturas do mundo. A entrada é libre e de balde ata completar aforamento, onde se habilitiará un espazo especialmente destinado para persoas con mobilidade reducida.

Nesta edición cóntase coa actuación de sete grupos folclóricos como o internacional Ballet de la Universidad de Colima de México, Song And Dance Ensemble Bielsko de Polonia, o Grupo Etnográfico Da Areosa de Portugal ou o Ballet Carmen López de Colombia. Xa no ámbito nacional están previstas as actuacións dos Coros y Danzas de Granada e dos Coros y Danzas Jovellanos de Xixón; ademais da actuación do grupo anfitrión,  Bágoas da Terra, de Viveiro.

Pero ademais o programa contempla outras moitas propostas, desde exposicións de pintura ata audicións musicais polas rúas e prazas de Viveiro.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Xornada Hispanidad
21 de xuño
Museo Militar da Coruña
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde