Evento: Feito a man 2017
Feito a man 2017
Feito a Man é un festival de música ao vivo nas terrazas e prazas da zona vella de Santiago de Compostela que se desenvolve durante os meses de agosto. Feito a Man deseña e pon en escena un ciclo continuado de actuacións no que caben actividades artísticas de diverso xénero: Música- Cabaret- Instalacións- Performance- Teatro- Dj´s… Un festival de diversidade. Un fenómeno espacial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación.
O peso do festival recae nos case 80 concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato, así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas Prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario, Cervantes ou Quintana. Esta última acollerá o “peche” do festival que será o mércores 30 cun concerto adicado ao músico Fran Pérez, Narf.
Na programación tamén están confirmadas as actuacións de Gold & Colt, Quique Escamila, Loiros, Kyekyeku, Pardo, Andhrea and the back cats, Trifasic, Mojo Experience, Zume de Miolo, Neboa, Banda das crechas, Shooglenifty ou Tanxugueiras, entre outros.
Máis información do Feito a man aquí
Máis eventos de tipo Festival