Evento: As embarcacións tradicionais de Galicia
As embarcacións tradicionais de Galicia
martes, 1 agosto, 2017 a mércores, 20 setembro, 2017
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra As embarcacións tradicionais de Galicia
Exposición
Do 1 de agosto ao 20 de setembro, a Biblioteca Pública de Pontevedra organiza a mostra "As embarcacións tradicionais de Galicia". Partindo da exposición "Pequena guía de embarcacións tradicionais" cedida por Culturmar (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial), faise un percorrido pola cultura mariñeira galega.