Evento: Chola, a it girl

  • Chola, a it girl
Chola, a it girl
venres, 19 xaneiro, 2018 - 20:30
Teatro Rosalía Castro,
A Coruña
Espectáculo teatral a cargo de ArtesaCía

Elenco: Laura Villaverde

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, qué nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.
 
Para todo isto, axudarase de videos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping, desafíos en
vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose musical. Cando parece que o show envolve a escena,
revélase nun descuido de Chola no medio do show un cadaleito que sae do maleteiro do coche, no que
está o cadaver de Lito. A través dun diálogo Chola deixa entrever ó público un outro traballo non tan
glamuroso. E é a partir de aquí onde Chola revela a súa connotación de It girl con inxenio, humor e
personalidade reflexando a súa realidade imperfecta, que está fora dos canons da imaxe actual da
felicidade e do que debería ter éxito virtual. Manifestando a importancia da sabedoría popular e do uso das novas tecnoloxías a través das diversas situacións nas que se pode ver unha muller adiantada respecto oa tempo e a sociedade.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Pedro e o lobo
14 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Ándale! Bon appétit!
14 de xuño, 20:00
Auditorio Municipal - Cedeira - A Coruña
O grande incendio
19 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
O grande incendio
20 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense