Evento: Jarabe de Palo
Jarabe de Palo
Despois de case dous anos sen presentar nada novo, Jarabe de Palo vén presentando o seu novo disco 50 PALOS. O concerto será na Praza María Pita o venres 4 de agosto ás 22:30.
Despois de vinte anos ofrecendo a súa musica con grandes éxitos por todo o mundo, a banda latina de rock internacional segue mantendo o estilo das súas cancións tradicionais pero con ritmos actualizados da música de hoxe en día.
A voz do grupo, Pau Donés leva moitos anos ofrecendo a súas melodías por España, onde é moi querido despois de tanto tempo ofrecendo concertos por todo o país.
As súas cancións máis coñecidas desde hai anos e que seguen soando a día de hoxe por todo o mundo son La flaca, Depende, Bonito, Déjame vivir o Somos. Estas melodías sonarán no concerto, xunto coas que presenta este ano no seu novo disco.