Evento: Teño unha peza: Roberto Leal

Teño unha peza: Roberto Leal
martes, 18 xullo, 2017 - 19:00
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Teño unha peza: Roberto Leal

A cargo do actor e director teatral Roberto Leal

No 2017 o Museo do Pobo Galego cumpre 40 anos desde a súa inauguración no ano 1977. Con este motivo bótase a andar un novo programa, Teño unha peza, título vencellado á actual campaña de promoción "Teño un Museo", impulsada polos socios da institución e que pode verse na web do MPG e tamén, grazas á colaboración do Concello de Santiago, en distintos lugares públicos da cidade.

En Teño unha peza convocarase o público, unha vez ao mes -agás agosto-, a un coloquio cun persoeiro representativo da cultura, a ciencia, o deporte, a política, o deseño, o teatro, o periodismo...

Tendo como pretexto unha obra dos propios fondos do museo, as intervencións, escapando do coñecido acto convencional, pretenden achegar os valores museísticos con actuacións abertas, nas que os invitados engadirán o seu selo persoal.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal