Evento: Ruta do antigo ferrocarril e visita guiada polos fornos

Ruta do antigo ferrocarril e visita guiada polos fornos
sábado, 23 setembro, 2017 - 12:00
Saída desde as piscinas municipais,
A Pontenova

Ruta do antigo ferrocarril e visita guiada polos fornos

Descoberta da liña férrea que unía as minas de Vilaoudriz co porto de Ribadeo

A ruta de Espazos Sonoros percorre once dos trinta e catro quilómetros da liña férrea que unía as minas de Vilaoudriz co porto de Ribadeo, liña a través da que se transportaba o mineral extraído naquelas minas para a súa comercialización. Transcorre desde a antiga estación da Pontenova, e á beira do río Eo, por unha fermosa paisaxe de ribeira, que forma parte da reserva da biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón, ata internarse en Asturias e rematar en San Tirso de Abres.

Ao longo dela, atravésanse diferentes túneles, coma o do Carriceiro, Piago Longo ou o da Central, e unha ponte colgante. Pasa tamén a carón dunha antiga central hidroeléctrica e dunha presa na que aínda se pode ver unha construción para a escala do salmón.

De volta na Pontenova, visitaranse os antigos fornos para a calcinación do mineral de ferro que, precisamente, servirán de escenario para o concerto de Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde.

Hora e lugar de encontro: 12.00 h, nas piscinas municipais da Pontenova

Duración: 5 horas aprox.

Distancia: 22 km aprox.

Dificultade: media

Capacidade máxima: 60 persoas

Inscrición: do 9 ao 20 de setembro, en actividades@espazossonoros.org

 

 

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visita guiada ao museo e visita á salgadura de Mourisca
Visita guiada ao Museo e á Salgadura de Mourisca
6 de xullo a 27 de xullo
Museo Massó