Evento: Ruta dos Muíños do río Gándaras e obradoiros de agricultura ecolóxica

Ruta dos Muíños do río Gándaras e obradoiros de agricultura ecolóxica
sábado, 2 setembro, 2017 - 11:00
Igrexa de Santa María do Mezonzo,
Vilasantar

Ruta dos Muíños do río Gándaras e obradoiros de agricultura ecolóxica

Roteiro e elaboración dun queixo do país artesán

Esta xornada de Espazos Sonoros comeza pola mañá cun percorrido circular pola Ruta dos Muíños.

A ruta comeza na ponte do Sapo, á que chegaremos a pé, logo de vir camiñando desde a igrexa de Santa María de Mezonzo. Desde aí seguirase o curso do río Cabalar, un afluente do Tambre, e pasarase a carón do muíño da ponte do Sapo, do que aínda se conserva unha casa vivenda e un serradoiro que era unha fábrica de paus para os zocos. Continuaremos polo camiño ata o punto onde conflúen as augas do río Cabalar coas do Tambre, pegados á canle que conduce ata unha minicentral eléctrica.

O camiño continúa por unha senda á marxe dereita do río Gándaras ata o muíño das Cernadas, pasa a carón dunha fervenza cun envolvente murmurio de augas e desvíase ata outro dos puntos emblemáticos da ruta, o batán de Mezonzo, actualmente restaurado e que forma, coa fervenza e co muíño, un complexo etnográfico dunha beleza paisaxística e natural inigualable.

Pola tarde, logo do xantar, visitarase a granxa ecolóxica Millo e Landras para participarda experiencia da elaboración de queixo do país artesán.

Hora e lugar de encontro: 11 h, na igrexa de Santa María de Mezonzo

Duración: 2 horas e media aprox.

Distancia: 12 km Dificultade: media (a maior parte do camiño vai pegado ao río)

Capacidade máxima: 50 persoas

Inscrición: do 19 ao 30 de agosto, en actividades@espazossonoros.org

Prezo do xantar: 12 euros, inclúe tamén os produtos necesarios para a elaboración do queixo 

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas MAPOUR
Visitas guiadas
15 de outubro a 3 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Visita ao Castro de Castromao
22 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Visitas guiadas: O Barroco
24 de maio
Museo de Belas Artes
Visitas guiadas: O Rexionalismo
24 de maio
Museo de Belas Artes