Evento: Corpo(a)Terra 2017

Corpo(a)Terra 2017
martes, 4 xullo, 2017 a venres, 14 xullo, 2017
Varios espazos,
Ourense

Corpo(a)Terra 2017

Festival de danza e artes do corpo en espazos urbanos

Ourense conta cunha nova oferta cultural que a través da danza e as artes do corpo promove o encontro do cidadán e turista co espacio urbano.

Ao longo de tres días, e cunha programación que se inicia ás 20:30 da tarde, a espectadora e o espectador percorre a cidade da man deste festival, no que as prazas e recunchos mais emblemáticos, preséntansenos diferentes tras a súa ocupación por parte d@s artistas.

Artistas internacionais e galegos/as, coa especial participación das compañías integradas por coreógrafos/as, bailarinas e bailaríns de Ourense, serán as encargadas/os das catro actuacións diarias, dunha duración aproximada de 20 minutos, que configura a programación.

Este Festival reivindica un novo uso do espacio urbano que apela a participación cidadana a través da danza. Na súa primeira edición foron as e os cidadáns de a pé, convertidos en espectadores, as encargadas/os de propoñerlle o nome co que marcar a súa identidade, finalmente: Corpo(a)terra.

Cada ano, todas e todos: cidadáns, artistas, espectadorxs, espacios urbanos, asociacións... formaremos parte das distintas edicións dalgún xeito particular.

Máis información, aquí e en cultura.gal

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos