Evento: Turismo masivo e patrimonio
Turismo masivo e patrimonio
xoves, 6 xullo, 2017 a venres, 7 xullo, 2017
Consello da Cultura Galega,
Santiago de Compostela Turismo masivo e patrimonio
Xornada construtiva sobre como lle afecta aos bens culturais o turismo masivo
Nestas xornadas preténse reflexionar dende a crítica construtiva sobre como afecta o turismo masivo aos bens culturais e naturais do patrimonio mundial, sobre a xestión dos centros do patrimonio mundial ou sobre as paisaxes culturais como os Camiños de Santiago ou os conxuntos históricos urbanos ou territoriais.
Nun formato aberto e dinámico, trátase de debater sobre tres temas concretos e a súa relación co turismo masivo: centros históricos, patrimonio mundial e paisaxe cultural galega e as súas diferentes categorías legais.
Máis información, aquí.