Evento: Encontro Galego de Saxofón 2017
Encontro Galego de Saxofón 2017
domingo, 2 xullo, 2017 a venres, 7 xullo, 2017
Varios espazos,
Santiago de Compostela Encontro Galego de Saxofón 2017
Concertos e formación especializada con expertos internacionais
O Encontro Galego de Saxofón celebra a súa décimo terceira edición co apoio da Consellería de Cultura e Educación. O departamento de Cultura dálle continuidade á súa colaboración con esta iniciativa que contribúe ao enriquecemento musical do contexto sociocultural de Galicia a través dunha proposta innovadora e de máxima calidade.
O encontro, que conta coa participación de expertos internacionais, ofrece formación específica para saxofonistas e estudantes de saxofón que queiran afondar na técnica do instrumento, así como traballar o repertorio dos máis variados estilos axustado ás súas necesidades específicas.
O curso contará coa presenza de:
- Marie Bernadette Charrier (Conservatoire National de Région de Bordeaux )
- Hilomi Sakaguchi (pianista acompañante en el Conservatorio de Burdeos)
- Daniel Gauthier (Hochschule für Musik in Köln)
- Fukio Ensemble
Descargas
Máis eventos de tipo Festival