Evento: Ribadeo Indiano 2017

Ribadeo Indiano 2017
venres, 7 xullo, 2017 a domingo, 9 xullo, 2017
Varios espazos,
Ribadeo

Ribadeo Indiano 2017

Música, teatro, visitas guiadas, conferencias, exposicións e obradoiros

A cuarta edición do Ribadeo Indiano contará con música, teatro, visitas guiadas, conferencias, unha exposición e un obradoiro de baile de tango.

 Volverá o mercado de produtos de ultramar, así como o festival de habaneiras e música hispanoamericana o 8 de xullo.

A exposición do fotógrafo Alberto Martí reflicte o éxodo galego a América entre 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo.

Ademais aproveitando a celebración dos 100 anos do tango A Comparsita, haberá un obradoiro de baile de tango de salón.

Durante esta nova edición a festa contará de novo con conferencias, actuacións musicais, teatro na rúa, visitas guiadas, ginkanas, actividades infantís, obradoiros de baile , verbenas, etc.

Máis información: http://indiano.ribadeo.org/programa/

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos