Evento: Premios Fouciño 2017
Premios Fouciño 2017
Este certame conta cun concurso audiovisual de curtas, proxeccións e concertos, entre os que se atopan Atrás Tigre e Leo i Arremecaghona.
Ao longo de varios veráns, aproximadamente entre o 1994 e o 1999, unha panda de amigos de Baio reuníase para rodar esceas da que ía ser unha curtametraxe, dada a súa afección ao cine; concretamente, foi un membro dese grupo de amigos o que desempeñou todos os roles detrás da cámara, incluido guión, música orixinal e dirección, e ata pediu un crédito para o equipo de edición, o cal consistiu en dous equipos de VHS.
Esta peza, na que participaron entre vinte e trinta mozos e que dura pouco máis dunha hora, viu a luz nun pub da vila; vinte anos despois do estreo de “Fouciño Sanguento”, este grupo de amigos quere conmemorar este feito creando os “Premios Fouciño”, homenaxeando a que consideran a primeira peza creada na Costa da Morte.
Bases 2017: https://goo.gl/uik9I8
Máis eventos de tipo Festival