Evento: Marc Ducret Trío
Marc Ducret Trío
Marc Ducret Trío
Festival de jazz ImaxinaSons
Marc Ducret é un guitarrista de jazz francés, coñecido polas súas habituais colaboracións co saxofonista Tim Berne, co que publicou máis de quince traballos e co que actúa de forma habitual.
En 1997 crea Marc Ducret Trío, unha agrupación que editou varios directos, ademais dos discos L´Ombra dei Verdi en 1999 e Qui parle?, un laborioso proxecto editado en 2003.
Marc Ducret Trío está formado por Marc Ducret, guitarrista; por Bruno Chevillon, encargado do contrabaixo e do baixo eléctrico, e por Eric Echampard, batería da agrupación.
Máis eventos de tipo Concerto