Evento: Alexander von Schlippenbach: Monk's Casino
Alexander von Schlippenbach: Monk's Casino
Alexander von Schlippenbach: Monk's Casino
Festival de jazz ImaxinaSons
O pianista e compositor de jazz berlinés Alexander von Schlippenbach acode ao ImaxinaSons co seu disco Monk's Casino, publicado en 2005. Neste disco, o músico alemán interpreta ao completo as composicións do icono do jazz Thelonious Monk.
Schlippenbach iniciouse na música cando era un neno. Tras estudar piano clásico comezou a traballar como compositor para radio e cinema e máis tarde iniciouse no mundo do jazz.
Este compositor e pianista destaca ademais por ser o creador da Globe Unity Orchestra, pola que pasaron músicos da talla de Albert Mangelsdorff, Peter Brötzman ou Steve Lacy. Ademais, en 1988 fundou a Berlin Contemporary Jazz Orchestra, da que forman parte musicos como Evan Parker ou a súa esposa Aki Takase.