Evento: Annus Horribilis en Chévere 3.0

  • 30 aniversario Chévere
  • Annus Horribilis
Annus Horribilis en Chévere 3.0
mércores, 12 xullo, 2017 a venres, 14 xullo, 2017
Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela

Annus Horribilis en Chévere 3.0

A compañía de teatro Chévere celebra o seu 30 aniversario representando algunhas das súas obras máis míticas

'Annus Horríbilis' é unha pequena ópera que se estrená en 1994 e a partir dese momento percorreu España e Portugal e gañou o Premio da Crítica ao Mellor Musical na tempada 95-96.

A obra conta coa música de Fran Pérez, libreto de Pepe Sendón e os actores son Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Borja Fernández e César Goldi. Ao piano está Suso Alonso e o presentador é Xron.

Conta a historia do romance ilexítimo entre Lucas Tamara, príncipe herdeiro do trono de Galicia, e Obdulia que se quere empregar para derrocar a casa real actual por outra liña dinástica.

Trinta anos despois da súa primeira representación Chévere segue cultivando éxitos entre o público e a crítica. Así o reflicten os premios que foi recibindo ao longo destes anos: premio da Crítica de Galicia 2011, premio de Honra da MIT de Ribadavia 2012, premios María Casares ao Mellor Espectáculo en 2012, 2014, 2017 e premio Nacional de Teatro 2014.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola