Evento: Vigo Sea Fest

Vigo Sea Fest
venres, 7 xullo, 2017 a domingo, 9 xullo, 2017
Náutico de Vigo,
Vigo

Vigo Sea Fest

Música, gastronomía e deporte

O Náutico de Vigo acolle este festival, creado pola Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) que terá lugar o segundo fin de semana de xullo durante tres días consecutivos. 

Sete grupos españois conformarán o cartel musical do Vigo SeaFest Festival Arvi do Peixe, entre os que cabe destacar Freedonia e Miss Cafeína. As actuacións musicais forman parte dun vasto programa de actividades que durante tres días (7, 8 e 9 de xullo), busca a posta en valor do sector pesqueiro e as xentes do mar. Preto de dous anos leva traballando na iniciativa a Cooperativa de Armadores de Vigo, que quere que a cita teña continuidade en anos sucesivos.

A parte gastronómica contará coa participación de recoñecidos cociñeiros. Haberá talleres para nenos, actividades deportivas, exposicións..., en definitiva, unha completa promoción do patrimonio tanto material como inmaterial do mar, xa que estarán presentes todos os sectores vinculados a el, desde a pesca á comercialización pasando pola transformación ou a construción naval.A programación musical desenvolverase en dous escenarios.

No primeiro os concertos serán en sesións de mañá e tarde. Actuarán Hot Chocolates, Clarence Bekker e As Lollypops, en tanto no segundo serán nocturas e, ademása dos xa citados Freedonia e Miss Cafeína, actuarán Mambo Jambo e Julián Maeso.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos