Evento: Siniestro Total

Siniestro Total
sábado, 17 xuño, 2017 - 21:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Siniestro Total

Concerto co que o Gaiás festexa o Día da Música

Adiantándose ao Día da Música, que se celebra o 21 de xuño, a Cidade da Cultura acollerá o sábado 17 de xuño o concerto de Siniestro Total, que interpretará os temas do seu último disco ‘El mundo da vueltas’, no que recolle as cancións que foi gravando nos últimos tempos para a súa difusión a través da rede. Os incondicionais da banda viguesa poderán gozar tamén do seu repertorio clásico, elaborado ao longo dos 35 anos de historia do grupo, cumpridos o pasado 27 de decembro. 

A banda viguesa subirá ao escenario da praza central da Cidade da Cultura a partir das 21 horas nun concerto que terá entrada libre e de balde.

Máis información, aquí.

Máis eventos de tipo Concerto

Festival Flamenco Riquela
29 de maio a 31 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Samesugas+Bule+Paulo Pascual
31 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
The Lákazans
31 de maio
Club Clavicémbalo
Film Symphony Orquestra
1 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro