Evento: Cigani & Cía

  • Cigani&Cia
Cigani & Cía
domingo, 28 decembro, 2014 - 21:30
Sala Ingrávida,
O Porriño

Cigani & Cía

Espectáculo de novo circo da compañía Pistacatro

Dirección: Antón Coucheiro

Elenco: Antón Coucheiro, Manuel Payno e Martiño Mato

Os xitanos balcánicos chegan á cidade. Chegan sen papeis, infrinxindo as leis, alterando a orde pública, transgredindo tódalas normas. Non saben comportarse, son un auténtico furacán na rúa. A xente ri e chora con eles, porque todos levamos a un neno dentro con ganas de xogar.

Tocan, bailan, cantan, farán malabares con ladrillos, boxean cos seus fillos, casan coa súa muller,,, fan  de todo por arrincarlle ao público un sorriso.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos lugares onde se representa: Sala Ingrávida

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
As pitas baixo a choiva
21 de xuño
Salón Teatro