Evento: Animalandia
Animalandia
sábado, 24 xuño, 2017 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Animalandia
Sesión de narración oral con Lisístrata
Historias de animais, nas que as nenas e os nenos poderán descubrir esquíos, gatos, coellos, porcos, raposos, cans... con características moi especiais e que posúen as mesmas calidades e defectos que teñen as persoas: inxenuas, engreídas, amables, ariscas, medorentas, pícaras, valentes... Son animais humanizados, do mesmo xeito que a súa contorna, as súas casas e as súas aventuras.
No salón de actos, para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.