Evento: Voaxa e Carmín

Voaxa e Carmín
domingo, 28 maio, 2017 - 19:00
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Voaxa e Carmín

Mabel Rivera e Belén Constenla dan vida a dúas mulleres coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela

Espectáculo teatral da compañía ButacaZero

Mabel Rivera

Belén Constenla

 

Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos, insultar ás mozas… Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, tentando cumprir os seus soños. Arrancará así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día.

 

Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela nunha proposta de teatro de actrices sobre un gran lenzo audiovisual: unha Compostela máxica.

 

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Tres mulleres na escuridade
15 de maio
Biblioteca Pública Ánxel Casal
Tres mulleres na escuridade
15 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
16 de maio
Auditorio Municipal
Danza 3 | O Fiadeiro
17 de maio
Praza Maior