Evento: Por un amor común. Homenaxe a Francisco Cortegoso

Por un amor común. Homenaxe a Francisco Cortegoso
sábado, 27 maio, 2017 - 20:00
Teatro Principal de Pontevedra,
Pontevedra

Por un amor común. Homenaxe a Francisco Cortegoso

Recitais e música de Atrás Tigre para manter a memoria deste poeta novo

Amigos, xente achegada a Francisco Cortegoso, queren sumarse ás homenaxes realizadas na Coruña, Vigo e Compostela para celebrar a obra do poeta na cidade que o viu nacer. Autor de ‘Memorial e danza’ (Espiral Maior, 2014) e ‘Suicidas’ (Chan da Pólvora, 2016), a obra de Francisco Cortegoso supón un dos máis ambiciosos e orixinais exercicios de escrita poética da literatura galega última. Unha escritura que dá en explorar as estremas do lírico para concibir o poema como materia que acontece.

No contexto dunha entrevista na Radio Galega con Xiana Arias a propósito da publicación de ‘Memorial e danza’, Fr...ancisco Cortegoso dixo que un dos seus obxectivos como escritor era superar o amor romántico en favor dun amor común. Ese amor comunitario, vivo na memoria dos seus amigos, que mediante este acto procuran homenaxear a súa poesía e a súa vida.
ORGANIZA: Concello de Pontevedra, Ateneo de Pontevedra, Libraría Paz e Chan da Pólvora.

PRESENTA: Silvia Penas.

PROGRAMA

RECITAL: Oriana Méndez, Anxos Sumai, Genaro da Silva, Claudio Pato, Adrià Targa, Isaac Xubín.

TEXTOS DE HOMENAXE: Chus Pato, Xabier Cordal.

VIDEOPOESÍA: Alba Cid, Jesús Castro, Gonzalo Vázquez.

PALABRAS DE AMIZADE: Alicia Fernández, Gonzalo Hermo.

VÍDEO-HOMENAXE: Xes Chapela.

MÚSICA: Atrás tigre (Xiana Arias, Pedro Solla, Olalla Cociña, Antón Blanco).

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde