Evento: Encontros co Patrimonio cultural: O castelo da Rocha Forte

Encontros co Patrimonio cultural: O castelo da Rocha Forte
sábado, 29 abril, 2017 - 10:30
Consello da Cultura Galega,
Santiago de Compostela

Encontros co Patrimonio cultural: O castelo da Rocha Forte

Debate sobre a situación actual do castelo e explorar vías para súa xestión futura

Este Encontro realízase precisamente polo interese da Asociación Rocha Forte de xerar un debate arredor da problemática actual do castelo e explorar vías na súa xestión futura.

Nel interveñen axentes sociais, culturais ou públicos, desempeñando un papel moi importante na súa xestión o Concello de Santiago de Compostela.

Este Encontro ten como obxectivo facer un percorrido polo labor da Asociación dende a súa constitución até a actualidade, dar a coñecer os resultados das últimas intervencións arqueolóxicas, así como a xestión patrimonial do xacemento.

Pero tamén ten como mirada a confrontación de ideas, o debate aberto e a reflexión sobre a xestión do patrimonio. Para iso contaremos coa presenza de Carlos Delgado Fernández, Suso Noya López, Mª del Mar Bóveda López, María José Bóveda Fernández e Dolores Cerqueiro Landín.
 

Ademais da xornada de debate do xoves, 27 de abril, o sábado 29 de abril terá lugar unha visita guiada ao Castelo da Rocha Forte da man da arqueóloga María José Bóveda Fernández.
 

Máis información e inscrición en: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200570

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello