Evento: Falar sen cancelas

Falar sen cancelas
sábado, 26 maio, 2018 - 20:00
Aula Municipal de Cultura de Betanzos,
Betanzos
Espectáculo de humor, maxia e clown de Culturactiva

Espectáculo con tres cómicos excepcionais, coñecidos polo público e respectados pola profesión, como son Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco, que intercalarán sobre o escenario unha serie de monólogos propios, gags, recursos e xogos de improvisación que farán de cada representación unha aventura diferente e única.

Falar sen cancelas representa, en definitiva, unha gran gala de humor e comedia. Non obstante, non só de chanzas vive o conto. A maxia, o clown e a improvisación son outros dos elementos que se atoparán ao longo do espectáculo. Fran Rei, Brandariz e Isabel Risco amosarán o seu talento como grupo e a súa compenetración artística, labrada durante 15 anos de colaboración en diferentes espectáculos. A guinda final para unha noite na que a palabra e o humor son os grandes protagonistas.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os Ourizos, o musical
28 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra