Evento: Retrincos de Castelao
Retrincos de Castelao
Elenco artístico: Isabel Risco e Fran Rei
Culturactiva presenta a Isabel Risco e Fran Rei en Retrincos de Castelao, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor galego a través dun texto de Diego Rey.
Retrincos de Castelao ofrécenos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces.
A través dun ollo de vidro que dá nova forma á realidade, poderemos ser quen de presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra. Grazas a ese ollo seremos quen de comprender realmente a nosa historia e o noso presente.
Os cómicos Isabel Risco e Fran Rei fan un divertido percorrido polo traballo de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura fundamental da nosa historia. Empregando un humor ácedo, os dous actores reinterpretan a obra do intelectual de Rianxo, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo.
Espectáculo dentro da programación de Cultura no Camiño.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño



