Evento: Conversas con... José Antonio Millán arredor da lectura en España: retos e rutas

Conversas con... José Antonio Millán arredor da lectura en España: retos e rutas
xoves, 16 marzo, 2017 - 17:00
Consello da Cultura Galega,
Santiago de Compostela

Conversas con... José Antonio Millán arredor da lectura en España: retos e rutas

Charla deste ensaísta e escritor con Víctor Freixanes

A sesión conta coa participación do ensaísta e escritor José Antonio Millán, que conversa con Víctor Freixanes sobre A lectura en España: retos e rutas.

José Antonio Millán
Foi director da prestixiosa editorial Taurus; pioneiro do uso dos medios dixitais na cultura, creou o primeiro Diccionario de la Academia en CD-ROM e o Centro Virtual Cervantes en Internet, e mantén desde hai máis de vinte anos un sitio web de debate e información (http://jamillan.com).
É autor dunha trintena de libros de ensaio e literatura; foi traducido a moitos idiomas. Coordinou volumes colectivos, entre os que destacan tres entregas do Informe La lectura en España (2002, 2008 e 2016). É colaborador habitual de El País e esporádico de Letras Libres, Revista de Libros, entre outras publicacións.

Dirixiu una trintena de encontros, ciclos o seminarios para a Residencia de Estudiantes, a Institución libre de Enseñanza, o Círculo de Bellas Artes… Impartiu cursos e conferencias en universidades nacionais e de EEUU, Suíza, México ou Arxentina. É licenciado en Lingüística e doutor en Literatura Comparada.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello