Evento: Realidades. George Segal

Realidades. George Segal
domingo, 19 marzo, 2017 - 11:00
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Realidades. George Segal

Obradoiro familiar dedicado a este escultor

Sábado 18, para familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos

Domingo 19, para familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos

Prazo de inscrición: do 6 ao 17 de marzo

Os personaxes da obra de George Segal preséntanse como esculturas de tamaño natural que a miúdo aparecen en ambientes cotiáns rodeadas de obxectos comúns: nunha parada de autobús, nun semáforo, nunha cadeira... Neste taller intentarase situar os corpos dos participantes nas nosas realidades recreadas. Todas e todos os participantes repararán no seu camiñar, expresións, posturas, respiración... Serán conscientes da súa relación cos obxectos que os rodean e de como reproducimos as mesmas accións día tras día coma rituais. Moldearán os seus corpos coma se fosen barro ou plastilina ata atrapar un instante.

Máis información: http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/139/corpo_talleres_para_famil...

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
campamento_castrexo
Campamento castrexo
11 de agosto a 22 de agosto
Museo do Castro de Viladonga
Inspirar para crear
INSPIRAR PARA CREAR
12 de agosto a 14 de agosto
Museo de Belas Artes