Evento: Nabiza girl

Nabiza girl
sábado, 27 agosto, 2022 - 17:30
Carballeira de Ribadumia,
Ribadumia

Nabiza girl

Espectáculo de teatro de Isabel Risco

Elenco: Isabel Risco

Se credes que precisades dos meus servizos non tedes máis que aturuxar, que desde O Pindo escoito que flipas porque ten unha acústica bárbara.

Sabedes quen son, non? Ben, normal, nin puta idea, normal. Ademais indo de incógnita menos, claro!

Vouvos dar unha pista. Como mínimo, agora que xa vedes a estrela encarnada xa o teredes mais claro non? Non, non son concelleira do Bloque. Igual é que como traballo en negro e hai que ser discreta pois non me recoñecedes.

Eu son Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e os meus poderes proveñen do sulfato!

Vide coñecerme porque ides superesperrechar da risa!!!!

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á rúa
9 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal