Evento: A galiña azul

  • A galiña azul
A galiña azul
venres, 17 marzo, 2017 - 20:00
Teatro Lauro Olmo,
O Barco de Valdeorras

A galiña azul

Adaptación teatral a cargo de Ubú Teatro da obra homónima de Carlos Casares

FalaRedes 2017 ábrese cunha actividade que, sen deixar de servir aos obxectivos de promoción do galego que guían dende sempre este programa de dinamización lingüística, constitúe tamén unha homenaxe ao autor a quen a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas: Carlos Casares.

A galiña azul contén cinco historias entrelazadas que transmiten mensaxes tan importantes como a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, empréganse diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown.

Baixo xestión de Editorial Galaxia, A galiña azul chegará esta primavera a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Vinde todas
8 de agosto, 20:30
Paseo da Praia - Malpica de Bergantiños - A Coruña
Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto, 19:30
Praza do Convento - Melide - A Coruña
Os Bolechas e o gran reto
21 de agosto, 12:00
Alameda de Raxoi - Pontedeume - A Coruña
Os Bolechas e o gran reto
22 de agosto, 20:00
Praza da Mariña - Burela - Lugo