Evento: Romaría da Saínza

  • Escenificación da batalla
Romaría da Saínza
domingo, 25 setembro, 2016 - 11:00
Campo da Feira da Saínza,
Rairiz de Veiga

Romaría da Saínza

Festa de Interese Turístico que rememora as loitas mediavais entre 'mouros e cristiáns'

Na Limia, que se dicía atravesada polo mítico "río do Esquecemento" -interior da provincia de Ourense-, habita a tradición e certa esencia da Galicia rural agraria. Paraxes montañosas, vixiadas por torres que disputaban mosteiros e os condes de Monterrei e de Moctezuma. Onde tamén se conta que naceu a fermosa, malograda e namorada esposa de Pedro "o Cruel", Inés de Castro, raíña despois de morta. Espazos nos que, na mañá de cada 24 de setembro e na honra da Virxe da Mercé, avós, pais e fillos, á sombra dunha vella carballeira e o simulacro dun castelo, rememoran unha historia que non se debe repetir: as loitas medievais entre os cristiáns e os invasores "mouros", os que reclaman o décimo das "Cen Doncelas". Tal batalla campal, entre sermóns e cánticos, non pode rematar máis que en festa de liberación de cativos e confraternal baile, mesa ben servida, brinde, foguetes e música.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Faguía do Carnés
9 de xullo
Parroquia de Carnés
Festival Internacional Mundo Celta de Ortigueira
9 de xullo a 13 de xullo
Varios espazos
Festas de San Benitiño de Lérez
11 de xullo
Mosteiro San Salvador de Lérez
Feira Franca Medieval de Betanzos
Feira Franca Medieval de Betanzos
11 de xullo a 13 de xullo
Betanzos