Evento: Contos para acabar con algún medo

Contos para acabar con algún medo
sábado, 25 febreiro, 2017 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Contos para acabar con algún medo

Sesión de contacontos con Paula Carballeira

Primeiro temos que saber se o medo é grande ou pequeno, dos que aparecen cando non hai ninguén ao teu carón, dos que prefiren dar sustos...

Para cada medo hai un remedio, e mesmo hai remedios que valen para todos: a risa, a música, a luz, mirar o medo cara a cara, fronte a fronte, directamente aos ollos. Cando pensamos que perdemos a valentía nalgures, os contos axúdannos a recuperala. 

 

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 10 anos.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola