Evento: Escape room na biblioteca

Escape room na biblioteca
venres, 24 febreiro, 2017 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Escape room na biblioteca

Xogo de aventuras físico e mental para festexar o aniversario de Rosalía de Castro

O Escape Room é un xogo de aventuras físico e mental no que un grupo de xogadores son encerrados nunha habitación onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas de todo tipo para ir desenlazando a historia e conseguir "escapar" antes de que remate o tempo dispoñible.

As e os participantes deben axudar a Rosalía a atopar o seu manuscrito. Teñen 30 minutos para solucionar o enigma. Se non o conseguen quedan pechados na biblioteca para sempre.

Hai dúas oportunidades, ás 18h e ás 19 h, pero non se pode repetir.

Para nenos e nenas de 10 a 14 anos.

É preciso inscribirse chamando ao teléfono 881 999 401 ou no mostrador do andar baixo da biblioteca..

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Recomendacións do club de lectura de cómic
Recomendacións do club de lectura de cómic
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense