Evento: Solitudes
Solitudes
A compañia Kulunka Teatro presenta Solitudes, a súa segunda montaxe despois de André e Dorine. Unha historia que, a través do humor, profunda na soidade e a incomunicación dos membros dunha familia. O mesmo equipo creativo puxo en pé un novo traballo de teatro de máscaras que, sen unha soa palabra, resulta todo o contrario a inexpresivo.
O protagonista de Solitudes séntese incomprendido porque, como case todos os anciáns para os que a súa vida é practicamente unha espera, xa só desexa cousas sinxelas. Cousas tan simples que os demais non chegan a valorar a súa verdadeira importancia. O extraordinario desta historia é que o ancián -contra o que podería esperarse de alguén cunha vida xa case sen alicientes- non se resigna, non renuncia aos seus pequenos desexos e pelexa por eles con determinación e dignidade. Isto, claro, terá as súas consecuencias para el mesmo e para quen lle rodea.
Unha viaxe por universos cotiáns que, combinando a gravidade co sorriso, conmove, sorprende e convida á reflexión. Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios



