Evento: Entre [hu] ecos

Entre [hu] ecos
domingo, 5 febreiro, 2017 - 00:15
Igrexa San Domingos de Bonaval,
Santiago de Compostela

Entre [hu] ecos

Encontro dunha voz múltiple como a de Loreto Martínez Troncoso a partir deses impulsos que nos levan a espertar e reaccionar

Entre [hu] ecos é o encontro dunha voz múltiple a partir deses impulsos que nos levan a espertar e reaccionar. Que é o que me leva cada día a poñer un pé diante do outro? Que é o que me move e me conmove? Que é o que me incita (e tamén me impide) soñar? A partires de relatos recollidos para esta reunión, Entre [hu] ecos é a invocación dunha voz múltiple que quere ser un berro, unha calma, un sosego, unha liberación, o festexo dun sentir, dun respirar, dun palpitar, xuntos. Unha reunión vocal-musical que convoca “aquilo que en min permanece calado, inacabado”; a invocación dunha voz musical–animal, que habita en nós.

Loreto Martínez Troncoso

Loreto Martínez Troncoso (Vigo, 1978) constrúe situacións a partir de textos, da palabra escrita ou falada, da linguaxe e dos silencios. Performances, pezas sonoras, xornais, vídeos, instalacións, moitos textos en variadas formas de presentación e comunicación co público, diapositivas, monólogos, enquisas, obradoiros e conferencias son algúns dos variados soportes das súas obras que, moi a miúdo, funcionan como documentos do proceso de creación.

Ficha artística

Concepción: Loreto Martínez Troncoso | Composición musical: Ramón Souto | Creación e interpretación: Vertixe Sonora, participantes do obradoiro “liberar a nosa voz” e outros encontros durante o proceso.

Estrea

Estrea absoluta no Festival Escenas do Cambio 2017.

Máis eventos de tipo Espectáculo

poesia_enriba_2025_cartel
Poesía EnRiba
2 de agosto
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Os Bolechas e o gran reto
4 de agosto
Praza do Centro Multifuncional Xesús Mato Mato
Os Bolechas e o gran reto
5 de agosto
Praza do Corgo
A xira do cuarto de século
8 de agosto
Parque Barosa