Evento: Creando emocións: obradoiro sobre Maruja Mallo
Creando emocións: obradoiro sobre Maruja Mallo
luns, 30 xaneiro, 2017 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Creando emocións: obradoiro sobre Maruja Mallo
Taller creativo ao redor desta importante artista
Neste obradoiro de manualidades achegamos a figura desta artista galega aos participantes, pintando en pedra as súas características máscaras, sorrintes e tristes, baseadas na traxedia clásica.
O obradoiro está dirixido a nenos e nenas de 6 a 10 anos. O límite de prazas é de 10. Para poder participar no obradoiro é precisa a inscrición previa chamando ao 881 999 401 ou acudindo ao mostrador de información do andar baixo da Biblioteca.
A actividade está a cargo de persoal da biblioteca e celébrase na sala infantil.