Evento: Manawee

  • Manawee ou a dobre naturaleza feminina Ilustración para conto de Clarissa Pinkola
Manawee
domingo, 19 novembro, 2017 - 17:30
Auditorio Municipal Hernán Naval,
Ribadeo
Representación infantil da compañía Matrioshka Teatro

Un espectáculo sobre as emocións destinada ao público familiar.

Que é iso que sentimos e que as veces nos desborda, que incluso se apodera de nós de xeito que non nos deixa pensar con claridade. Cando nos preguntaban de pequenas "pero que che pasa? " As veces non sabíamos que contestar, e incluso tardamos moito tempo en averigüar de que emoción se trataba. Descubrimos que ao saber o seu nome e como se manifestaban en nós puidemos manexalas moito mellor e incluso facernos máis empáticas coas emocións dos demais.

Un espectáculo que pretende ser unha guía para desenrolar a intelixencia emocional dende a infancia, e que ademáis tamén vai dirixida aos adultos acompañantes, de xeito que o espectáculo poida ser unha ferramenta útil para establecer esta comunicación cos máis cativos da casa.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os contos do Lobicán
17 de maio, 18:00
Casa da Cultura - Burela - Lugo
A cincenta que non quería comer perdices
17 de maio, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Máis saaaabor!
18 de maio, 18:00
Auditorio Manuel María - O Carballiño - Ourense
Canto conto!
18 de maio, 19:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra