Evento: Antía, Wamba e o regato pequeno
Antía, Wamba e o regato pequeno
Antía, Wamba e o regato pequeno
Historias para os máis pequenos da compañía A Tropa de Trapo
Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque.
Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir.
Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.
A Tropa de Trapo volve cun novo espectáculo de narración oral e musical logo de centos de actuacións coas súas anteriores propostas.
Xa confirmados como uns dos mais importantes membros da nova fornada de contadores galegos pola súa orixinalidade, sensibilidade e polo seu anovador xeito de achegarse a temas universais traennos un novo conto que saca á luz o mais fermoso que levamos dentro.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

3 de maio, 19:30
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña

3 de maio, 20:00
Auditorio Municipal - Cedeira - A Coruña

4 de maio, 19:00
Casa da cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña