Evento: Os amigos dos músicos

Os amigos dos músicos
sábado, 18 febreiro, 2017 - 23:00
Clavicémbalo,
Lugo

Os amigos dos músicos

Concerto para a presentación do festival Fa Ce La Fest

Os Amigos dos Músicos participan no concerto de presentación do festival Fa Ce La Fest, que se celebra en maio.

Nesta actuación presentan o seu primeiro disco: un conxunto de cancións nas que xuntan o propio co alleo para dar forma a un discurso fragmentado, no que as distintas voces se van sucedendo, mais no que aos poucos vai emerxendo a coherencia do horizonte.

A banda, que sempre buscou referentes na canción popular galega, establece con este álbum un compás para dirixirse en tal singradura. As coordenadas que, dun xeito simbólico mais tamén obxectivo, marcan Curros Enríquez, Suso Vaamonde, Manuel María e Luis Emilio Batallán son o risón que permite pararse e levantar a vista, mais só para proseguir a viaxe.

Unha mostra deste ánimo de descuberta son os seus concertos, nos que Os Amigos dos Músicos presentan o seu amplo rexistro musical a través da sutileza dos cambios de dinámica e a mestura das distintas voces que compoñen a banda.

Máis información, aquí e máis información do festival Fa Ce La Fest, aquí.

Máis eventos de tipo Concerto

Ecoralia a lambona ecolóxica
22 de xullo
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
A banda dos insectos
A Banda dos Insectos
22 de xullo
Sala Bahía
Concerto
22 de xullo
Área Recreativa O Bañadoiro
A raíz do pensamento
24 de xullo
Praza da Igrexa