Evento: Marco Beasley & friends
Marco Beasley & friends
O poliédrico tenor italiano preséntase nesta ocasión para Espazos Sonoros acompañado polos laudistas Fabio Accurso e Stefano Rocco, dous dos fundadores, xunto con el mesmo e Guido Morini, do conxunto Accordone, para interpretar un programa que percorre varios séculos da música italiana, tomando como punto de partida e chegada o sur de Italia, punto de encontro e de mestura de culturas ao longo dos tempos.
Tarantelas e cancións tradicionais napolitanas, xunto coas máis intelectualizadas e delicadas frótolas renacentistas de autores como Tromboncino ou Marco Cara, compoñen un programa cheo de temperamento e contrastes, interpretado por unha das formacións máis aclamadas do panorama musical europeo.
Máis eventos de tipo Concerto