Evento: Ruta polo castro de Armeá e Santa Mariña de Augas Santas

  • Santa Mariña de Augas Santas
  • Cartel de Espazos Sonoros 2014
Ruta polo castro de Armeá e Santa Mariña de Augas Santas
domingo, 5 outubro, 2014 - 15:00
Santa Mariña de Augas Santas,
Allariz

Ruta polo castro de Armeá e Santa Mariña de Augas Santas

Visita guiada por este extraordinario patrimonio cultural e natural

A Visita, guiada pola Asociación Santa Mariña de Augas Santas para Espazos Sonoros, comeza no exterior da cabeceira do templo románico cunha contextualización histórica e artística da antiga igrexa colexial, e continúa polo interior do templo románico onde, segundo a tradición, repousa o corpo de santa Mariña. A continuación, os participantes camiñan cara ao “forno da santa” e baixan polo camiño que leva á aldeíña de Armeá. Na inconclusa igrexa da Ascensión, tamén románica, descéndese á cripta onde se conserva a cisterna, a pedra formosa e o “forno” que a tradición sinala como escenarios do martirio, datados historicamente na época castrexa. De volta ao camiño, os participantes deteranse ante as “piocas da santa”. Para internarse, logo, no castro de Armeá (séculosI-IV) e achegaranse ás escavacións de varias edificacións de época romana. No regreso á antiga colexiata, a ruta sube polo Camiño Real que unía a cidade de Ourense con Allariz.

Hora e lugar de encontro: 15.00 horas no atrio da igrexa de Santa Mariña de Augas Santas
Duración: dúas horas e media aproximadamente
Distancia: 6 quilómetros
Dificultade: media-baixa
Capacidade máxima: 50 persoas
Inscrición: do 20 de setembro ao 1 de outubro en actividades@espazossonoros.org
Público: actividade para todos os públicos

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas MAPOUR
Visitas guiadas
15 de outubro a 3 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Visitas guiadas: O Barroco
24 de maio
Museo de Belas Artes
Visitas guiadas: O Rexionalismo
24 de maio
Museo de Belas Artes
Roteiro “Compostela, cidade amurallada”
3 de xuño
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal