Evento: A danza da faba máxica

A danza da faba máxica
mércores, 28 decembro, 2016 - 11:00
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

A danza da faba máxica

Obradoiro infantil de danza

Neste taller de movemento os nenos e nenas experimentan a través do seu corpo as sensacións que desprenden a natureza e a arte. Poden sentirse auga, vento, terra, sol... Traballan a escoita activa, a presenza e a ausencia, a pesadez e a lixeireza, a verticalidade e a horizontalidade, o tacto e o contacto, o intercambio de roles, a cor, a palabra e a poesía. Deixarase que o corpo fale creando unha peza escénica coa obra de Eva Lootz e de Berta Cáccamo como marco.

Idade: 4-6 anos/ Horario: 11:00-13:00 h/ Prazas: 15

A inscrición nos talleres é gratuíta. As solicitudes deberán enviarse antes do día 26 de decembro a través do correo electrónico a cgac.educacion@xunta.es. As persoas interesadas deberán indicar os seguintes datos: nome completo e idade dos nenos e/ou nenas participantes, número de teléfono, enderezo de correo electrónico e nome do taller no que desexan participar.

Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude. 

Os asistentes deberán traer roupa de abrigo e de choiva ou paraugas para poder saír ao exterior.

Máis eventos de tipo Obradoiro

PRÓXIMA PARADAAAA! MARROCOS. TALLERES PARA FAMILIAS
21 de xaneiro a 21 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros de horta e interpretación na natureza
23 de marzo
Horta Municipal da Ramallosa
Rimando coas mans: palabras que veñen e van
24 de marzo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros de horta e interpretación na natureza
28 de marzo
Horta Municipal da Ramallosa