Evento: Marat-Sade
Marat-Sade
Marat-Sade
Representación escénica de Atalaya Teatro
Marat/Sade é o nome abreviado de Persecución e asasinato de Jean Paul Marat, representado polo grupo de actores do Hospicio de Charenton baixo a dirección do Señor de Sade. Significa un dos títulos referenciais do teatro europeo do século XX. Escrito en 1964 por Peter Weiss, autor alemán, aborda os anos posteriores á Revolución Francesa, aínda que pola súa linguaxe e a súa visión resulta dunha extraordinaria actualidade.